martes, 9 de agosto de 2016

DINASTÍA ORTEGA MURILLO

BOTARON a Somoza os Sandinistas que encheron de ilusión a millóns de progresistas do mundo. Un grupo de revolucionarios entre os que se mesturaban intelectuais, católicos comprometidos coa teoloxía da liberación, marxistas, valentes e bastantes cínicos arrribistas. En España, como diante doutras ilusións fallidas, progresistas inxenuos abrazaron a causa coma propia, tiven incluso compañeiros de universidade que marcharon a Nicaragua coa fe do apóstolo dispostos a dar anos da súa vida axudando como médico ou mestre nun proxecto que prometía unha sociedade nova, igualitaria, libre, liberada de sátrapas propietarios dun país para o seu propio Interese e beneficio.
O resultado daquela ilusión témola á vista: o retorno dun sátrapa saído daqueles revolucionaros, axudado por unha muller aínda máis ambiciosa e desapiadada, dispostos a converterse na nova dinatía sustituta dalquel Somoza execrable. Ortega a a compañeira Murillo son unha parella de fotonovela triste e cruel para un país sen chispa de sorte. Daqueles revolucionarios, Ramírez, escritor, sofre desengañado comprobando a súa inútil entrega naquel proxecto escorado cara a peor das traizóns. Cardenal, o cura de Solentiname, poeta, iluso convencido de que entre fe e marxismo podería darse o paraíso co que soñaba, recordará o merecida que fora a reprensión do Papa que tanto criticaron os católicos progresistas deste lado da historía. 
Como sempre, cómodos, coa mirada distorsionada polo propio confort, parecíalles duro e inxusto un Papa que entendía á perfección a estúpida axuda, idiota útil, que prestaba a cínicos impostores que en realidade levarían os feitos aos seus ambiciosos e sucios desexos. Unha mágoa a cantidade de esforzos, sacrificios e incluso mártires (caso do Salvador) de católicos ilustrados, comprometidos, que dedicaron a vida a tratar de que se cumprise o compromiso da fe coa probreza. Triste o destino e pouco rendible empreño de mártires coma Ellacuría, teólogos como Gutiérrez, Jon Sobrino ou Leonardo Boff . E desatinada a vision de García Márquez, sorprendendo como sampre dándolles unha publicidade asombrosa ás súas amizades políticas tan perigosas (Fidel, Torrijos) , confiando ata nun guerrilleiro voluble, estraño e ao fin un mercenario atípico, escribíndolle un artigo precioso: “Edén Pasotra” ao que calificou como “el hombre que nunca duerme”.
O que nunca descansou foi Ortega, o máis tenaz, o máis ambicioso. Resistiu a tódalas contrariedades ata destruír o parlamento, confeccionar unha constitución á medida e facerse dono do país ao estilo do tan desprezado Somoza. De Soma a Ortega e a compañeira Murillo pasou o país por unha guerra de esperanza, desconfianza e desencanto que nos deprime e fai temer que todo intento revolucionaro, por comprobación histórica, acaba nun eterno retorno de desgraza e represión. Haberá que explorar outros camiños, este parece esgotado. Claro que algúns, impermeables aos feitos, aferraranse a que culpa foi só dos EE.UU. alimentando a contrarrevolución.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.